A continuación explicaranse os pasos necesarios para a [[#Creación dunha conta|creación]] e maila [[#Eliminación dunha conta|eliminación]] dunha conta en Yahoo, necesaria para o uso da rede social de imaxes [[As redes sociais e a seguranza persoal#Flickr|Flickr]].

==Creación dunha conta==
Para crear unha conta en Yahoo, o primeiro é dirixirse ao seu sitio ''web''. Dado que o sitio non ten tradución ao galego, traballaremos neste manual coa versión en castelán da interface. Agora, entremos na páxina de rexistro dunha conta nova: https://edit.europe.yahoo.com/registration?_intl=es. Este será o seu aspecto:

[[Imagen:Rexistrando unha conta en Yahoo.png|center|480px]]

Agora abondará con ir enchendo os campos obrigatorios. Isto é: nome, apelidos, sexo e data de nacemento (no país podemos escoller «Seleccione una opción», sen especificar o noso país).

A continuación deberemos elixir cal vai ser a nosa conta de correo electrónico con Yahoo. Unha vez elixida unha que nos guste, deberemos escribila e comprobar se está dispoñible mediante o botón «Revisar» que hai á dereita. Se xa existe, debemos buscar outro e repetir o proceso de comprobación da dispoñibilidade. Se atopamos un que non existe, continuaremos.

Agora toca introducir un contrasinal. Lembre seguir as [[As redes sociais e a seguranza persoal#Os contrasinais|instrucións de seguranza ao respecto]].

A continuación deberemos escoller dúas preguntas de seguranza coas súas respectivas respostas. Unha posibilidade consiste en que as respostas sexan contrasinais complexos (e por suposto, preguntas e respostas deberemos apuntalas en algures).

Por último, teremos que introducir o código da imaxe (para demostrar que somos humanos).

Completado o formulario, abonda con premer o botón amarelo que hai a continuación que di «Crear mi cuenta». Con isto a conta en Yahoo estará creada.<!--

==Eliminación dunha conta==
Para borrar unha conta de Facebook, con todos os datos que esta orixinou, hai que acceder ao seguinte URL e seguir as instrucións indicadas: [https://ssl.facebook.com/help/contact.php?show_form=delete_account https://ssl.facebook.com/help/contact.php?show_form=delete_account].

Cómpre aínda así ter en conta a [[política de protección da intimidade de Facebook]], na que se menciona que Facebook poderá manter os datos dunha conta tras a súa eliminación durante 90 días, ou que os contidos compartidos con outros usuarios poderían non borrarse.-->

----
Autor: [[Usuario:Gallaecio|Gallaecio]] 21:00 26 ago 2010 (UTC)

<!-- Categoría: -->
[[Categoría:As redes sociais e a seguranza persoal ─ Flickr]]

